Etapa 2

Camino Primitivo 0€ 5208 hits

Descripción

A partires de Paradavella débese coller un camiño que sube á dereita da estrada para seguir ata A Degolada. Pero ocurre que, por mor dun derrube e de levar anos sen limpar, é imposible pasar, polo que aconsellamos seguir adiante pola estrada como algo máis dun quilómetro, para logo desviarnos á Degolada. Desde aquí o camiño vai polo medio dun bosque autóctono.

En Couto atoparemos un magnífico forno comunal. Desde a A Lastra o camiño volve a empinarse, primeiro suavemente, e sempre bordeado por un bosque. O silencio e a soedade, interrumpidos polo soar do vento, acompáñanos ata o alto da Fontaneira. Ao carón da igrexa de Santiago da Fontaneira había un hospital de pereginos. De novo atopamos a estrada e un bar.

Desde aquí a paisaxe é impresionante. Saímos da Fontaneira polo cemiterio. Despois dun quilómetro pola estrada metémonos nunha larguísima pista forestal e pola que chegamos a un alto desde o que se divisa xa O Cádavo. Un cartel anuncia "albergue a un Km". En O Cádavo, unha vila que medrou modernamente ao carón dun cruce de estradas e é a capital do concello de Baleira, atoparemos todo tipo de servicios, incluído un albergue para peregrinos.

Desde O Cádavo o camiño segue a Vilalle por asfalto, despois ata o alto da Vacariza por un camiño de terra, toca a estrada e métese á dereita. Agora deberemos seguir unha larguísima e solitaria pista entre piñeiros que nos leva ata unha carballeira, onde atoparemos unha capela baixo a advocación da virxe do Carmen.
Negreira-Olveiroa
Aquí morre a pista forestal e empeza unha asfaltada que nos deixará en Vilabade, onde había un convento franciscano e no que adoitaban a descansar os peregrinos. A súa igrexa é de 1468 e reformada no XVII, ten unha monumental fachada e forma un interesante conxunto co pazo que ten diante.

Unha pista asfaltada pronto nos deixa en Santiago de Castroverde, onde sobre os restos dun castro recíbenos a torre do Castelo de Castroverde, erguido no século XIV e que pertenceu a importantes familias nobres galegas. No seu contorno aínda se conserva un rico patrimonio cultural.

Breve resumen

  • Localización: PARADAVELLA-CASTROVERDE
  • 0€
  • Tipo: Etapas
  • Ruta: Camino Primitivo
  • kilómetros: 24 Km