Etapa 5

Camino Primitivo 0€ 5103 hits

Descripción

En A Ponte Ferreira collemos un camiño, ben arreglado, que nos leva ata unha estrada. Dende aqui imos sempre por esta estreita estrada ata Augas Santas, Merlán, que ten unha pequena pero interesante igrexa.

Despois deixamos a estrada, pasamos algunhas casas abandonadas e imos a As Seixas, onde atopamos unha curiosa fonte no medio do camiño, pero neste último tramo tamén atoparemos varias casas derrubadas, que nos falan do esquecemento que sufren estas aldeas.

Desde aquí sempre por camiño baixamos para pronto subir cara a Casacamiño, pasamos esta e, á esquerda, entramos en monte aberto e outo onde dispomos dunha boa vista. Deseguido dirixímonos cara a Hospital das Seixas, xa nunha das abas da Serra do Careón. Despois seguimos pola estrada ata que baixando xa cara a Toques, metémonos á esquerda por un camiño que nos leva a Santiago de Vilouriz, deixamos a súa igrexa á dereita e imos a Vilamor.

Desde aquí xa iremos por estrada ata atopar o marco que sinala o quilómetro 58,992, Abeancos e xa entramos en Melide, desde donde seguiremos o Camiño Francés para chegar a Santiago.

Breve resumen

  • Localización: A PONTE FERREIRA-MELIDE
  • 0€
  • Tipo: Etapas
  • Ruta: Camino Primitivo
  • kilómetros: 22 Km