El caminante

Camino de Santiago 0€ 3141 hits

Descripción

El caminante avanza lentamente. Los kilómetros pesan en las piernas y la pendiente que comenzó a encarar ya hace una hora no parece tener fin. No es que la calzada sea de las peores que se haya encontrado tras 25 días; al menos el piso es firme, de tierra prensada por años y años del paso de carros y carece de esas rocas menudas que preludian cada pisada con la amenaza de un esguince de tobillo, pero los kilómetros se acumulan, Santiago aún está muy lejos, y las últimas rampas  han vuelto a desatar ese dolorcillo agudo en la rodilla que lleva varios días importunándole a pesar de los antiinflamatorios.

La senda se ha ido estrechando imperceptiblemente, hasta convertirse en una corredoira bordeada de muros cubiertos por un musgo ahora parduzco y ensombrecida por los carballos que prosperan tras ellos, paliando en parte los efectos del calor de un verano adelantado. Tras diez pasos, la pista vuelve a abrirse, y el caminante puede ver a lo lejos una casa, el primer indicio perceptible de vida humana tras 10 kilómetros de ascenso en absoluta soledad.

 

La casa es pequeña, antigua, tradicional, construida con losas de piedra y tejado de pizarra, y en la puerta se vislumbra la imagen de una persona sentada, que a medida que el caminante avanza se va concretando en un anciano que ya ha superado los 70, posado en una silla de ruedas.

  • ¡¡Buen Camino!!

Las dos palabras llegan al caminante, absorto en su impulso por avanzar a pesar de las molestias, y sólo alcanza a girar la cabeza para contestar, sin pararse, cuando un dolor punzante al apoyar la pierna en el suelo convierte su intento de respuesta en una mueca inesperada.

  • Parece que algo lle doe; non debería seguir camiñando, só conseguirá empeoralo. Porqué non se senta un intre a descansar? Déase un repouso neste banco de pedra; non é o máis cómodo que atoparía, pero ás veces un intre de conversación e un vaso de viño poden resultar máis reconfortantes que o mellor dos sofás.

El anciano acompaña su oferta señalando el bloque rectangular de piedra que sobresale del muro de la casa, y el caminante, tras dudar un instante, se dirige lentamente hacia el duro asiento mientras se despoja de su mochila. Su alivio es enorme cuando consigue  acomodarse en la sólida butaca y se lleva la mano a su dolorida rodilla.

  • Así que aí é onde lle doe? Concha!!, Concha!! ...

Tras unos segundos, una anciana enlutada, de esas que parece que siempre han vestido de negro, aparece en el dintel de la puerta portando su armadura de delantal y zapatillas de cuadros.

  • Prepáralle unha untura para o xeonllo a este mozo, creo que o necesita. E tráelle tamén un vaso de viño; xa verá o ben que lle sintan ambas cousas. Aquí temos un remedio infalible para esa dor: un repolo ben machucado cun pouco de aceite e cuberto por unha toalla mollada en auga quentiña, e ao cabo dun intre verá como lle remite a dor. Dígollo por experiencia, que con 76 anos xa sufrín todo tipo de achaques, e como aquí non hai ningunha farmacia próxima sempre recorremos aos remedios dos nosos avós.

El anciano habla despacio, sin prisa, con la calma que da el tiempo vivido y los problemas respiratorios de haberse fumado paquetes y paquetes de picadura.

  • De onde saíu, si non é impertinencia? Pola súa cara de cansanzo, apostaría que saíu de Francia... Por aquí pasa xente de todas partes, sexa inverno ou verán; uns empezan aquí preto, outros veñen desde moito máis lonxe, e a todos pódeselles adiviñar o seu punto de partida polo seu xeito de camiñar. Non me malinterprete, pero logo de tantos anos sigo sen entender que é o que lles leva a atravesar estes paraxes deixados da man de Deus; e vostede non é dos peores, que escolleu a primaveira para facelo, tería que ver aos que se atreven a camiñar por aquí durante o inverno... porque aquí no inverno non se pasea, sófrese. Eu xa levo moitos invernos enriba, traballando os campos e coidando do gando, e nunca se me ocorreu baixar ao pobo no inverno máis que cando foi estrictamente necesario, aínda que levo toda a miña vida neste lugar.
  • Esta casa é a mesma en que nacín, en 1938, o terceiro de dez irmáns vivos, porque outros catro non pasaron duns meses; a miña nai pariume en soidade, porque o meu pai atopábase na fronte de Cataluña. Levárono a facer a guerra ao pouco de empezar ésta, pero non perdeu o tempo nas poucas ocasións en que lle deixaron vir: tres permisos en tres anos, tres fillos; logo viñeron os anos difíciles, os anos do fame e da loita por saír adiante, neste duro terruño.
  • Coido que tería 9 anos cando vin o primeiro peregrino; se cadra xa pasaran antes, pero non son consciente de terme fixado ata ese día de inverno, en que un señor alto, fornido, e de voz grave, chamou á porta desta mesma casa. O pobre viña nun estado lamentable, cunhas febres que lle provocaban unha feroz tiritona, e aínda que non había gran cousa a que botar man para axudarlle, os meus pais non dubidaron en darlle acubillo; logo resultou que se trataba dun cura toledano, Capellán Mayor con rango de comandante no exército e que uns anos antes se embarcara naquela chocante aventura que foi a División Azul. O moi insensato emprendera o Camiño dende León en pleno decembro coa pretensión de chegar a Compostela en Noiteboa, e tivo que pasar tres días na casa duns labregos entre caldos e rezos para poder proseguir a seu travesía, aínda que dubido que chegase na data que esperaba.
  • Antes de partir, escribiu os seus datos persoais nunha cuartilla e entregoulla ao meu pai dicíndolle que non dubidase en contactar con el si algo chegase a necesitar; o meu pai gardou o papel coa súa dirección nun caixón e tampouco dubidou en entregarmo no 57, uns meses antes de que me sorteasen para a mili. Nin el nin eu eramos capaces de escribir unha carta, pois a duras penas conseguiamos sequera asinar, pero eu encargueime de que o farmacéutico do pobo a redactáse, lembrándolle ao sacerdote o seu paso pola nosa casa e o noso interese en que eu fora destinado a un cuartel o máis próximo posible á familia. A carta debeu dar resultado, porque no sorteo de quintas fun sorprendentemente destinado a Santiago, ao regimiento de infantería de San Caetano, mentres que case todos os mozos da miña quinta se foron cara a África.

Concha ha regresado del interior de la vivienda, portando una taza de vino tinto, un platito  donde se observa un mejunje verduzco, y una toallita; se acerca al caminante, y tras entregarle el vino, comienza a aplicarle el ungüento en su rodilla, la cual cubre finalmente con la toalla caliente. El caminante se ha dejado hacer, mientras daba cuenta, con gesto sorprendido ante el recipiente, de la bebida.

  • ¿Sorprendeulle beber viño nunha cunca? Eu sigo mantendo a tradición, pero é algo que se foi perdendo co tempo, e agora todos os bares usan copas para servilo; nada que ver coas tabernas da rúa do Franco, en Santiago. Bo, tampouco é que as frecuentase con tanta asiduidade como quixese, como máximo nas saídas dos domingos pola tarde, cando nos daban permiso para pasear pola Alameda; para un raparigo como eu, a mili supoñía unha oportunidade única de aprender cousas antes de voltar á casa, así que non desaproveitei o tempo: aprendín a ler e escribir correctamente, e ata fixen o curso de condutores.

 

  • Lembro as rúas da cidade, cos seus soportais e a súa tuna, e a primeira vez que vin as torres da Catedral, que me pareceron incribles, tan altas por riba de todo o que as rodeaba; outra cousa foi visitar o interior, porque tiven que esperar para facelo á Ofrenda do día de Santiago, cando nos destinaron a render honores na Praza do Obradoiro. Dese día lémbroo todo: a misa cantada, a imaxe do Apóstolo tralo altar, o Pórtico da Gloria, o abalo do Botafumeiro... incluso o pitorreo dos meus compañeiros máis veteranos cando recordaban o que pasara dous anos antes coa mesma cerimonia, cando alguén se decatou a última hora de que o Excelentísimo Capitán Xeral da VIII Rexión Militar de Galicia que ía ler a ofrenda ¡era musulmán! e encargáronlles tapar a fume de carozo calquera imaxe en que aparecese Santiago Matamoros.
  • ¿Peregrinos? Pois tampouco vin moitos, non crea; como máximo, grupos de mozos que chegaban en autobuses acompañados de relixiosos, percorrían as rúas cos seus cánticos ata chegar á Catedral, acudían á misa do Peregrino, facíanse unhas fotos nas escaleiras do Pórtico da Gloria e logo regresaban aos seus fogares, nada que ver coa forma en que vostedes empezaron a peregrinar máis tarde.
  • Xa me licenciaran do servicio militar e volvera a esta casa, a unha dura vida de traballo no campo; uns anos máis tarde estaba arando unha leira próxima, cando vin aparecer de lonxe un grupo de xente uniformada, aínda que me desconcertaron as boinas vermellas que se distinguían nas súas cabezas. A medida que se achegaban dínme de conta polos seus pantalóns curtos de que non eran militares, senón membros do Frente de Juventudes, uns 150 raparigos con conchas de vieira pendendo do pescozo que avanzaban en formación apoiándose en cruces de madeira como as que se ven nas procesións, e que me saudaron co brazo estendido ao pasar ao meu lado. Logo volvín velos no NO-DO, nunha sesión do cine ambulante que todos os veráns aparecía polas festas do pobo; tratábase dunha marcha da O.J.E. que partira desde Roncesvalles case un mes antes para chegar a Santiago polo antigo Camiño Medieval, ou o que intuían que quedaba do mesmo. Daba gusto velos, tan novos e marciales, acampando coas súas tendas e entonando todos xuntos “Prietas las filas”.
  • Non sei si tería algo que ver, pero nos anos seguintes empecei a ver pasar cada vez máis peregrinos a pé, vestidos como montañeiros os máis, un goteo imperceptible pero constante que se ía facendo máis habitual aos poucos.

Concha ha vuelto donde los dos hombres. En esta ocasión trae unas vendas y esparadrapo; retira la toalla de la rodilla del caminante y, sin quitar el mejunje verdoso, aplica un fuerte vendaje sobre la misma para acabar asegurándolo con la tela adhesiva. No dice nada, sólo se levanta y regresa a la casa.

  • Perdoe á miña irmá, nunca foi moi faladora, e a vida nun sitio tan solitario como este non fixo máis que incrementar os seus rarezas; os nosos irmáns fuxiron de aquí en canto tiveron oportunidade, a Suiza, a Inglaterra, a Madrid, ningún quedou en Galicia salvo nós, que non tivemos a sorte de atopar parella e nos quedamos facendo compañía e coidando dos nosos pais. Non é que non o intentase, non crea, que a un sempre lle tiraron as mozas guapas, pero a idea de vir vivir a este lugar tan apartado non seduciu a ningunha candidata; ata houbo unha que chegou a pensalo, pero ao final cambiou de idea para marcharse a Asturias cun mozo amigo meu que se fixo Garda Civil para escapar do pobo.
  • Aínda vivían meus pais un día en que eu estaba dentro, atendendo as vacas na corte, cando a miña irmá apareceu tremendamente alarmada para contarme que ao volver das leiras de aí abaixo vira unha flecha pintada no muro do camiño, e que logo vira máis, e que ao ir subindo atopara cun home que as estaba pintando e viña cara á nosa casa, que a ver si ían querer construír unha estrada e nos ían botar das nosas terras, que xa lle contaran que na Coruña lle quitaran as leiras á xente para facer unha autopista... tan alterada viña que collín unha cadeira e me coloquei neste mesmo lugar, esperando ao pintor para preguntarlle a que se debían esas indicacións repentinas.
  • Él sentouse no mesmo sitio que ocupa vostede, e resultou ser un seminarista que estaba axudando a Don Elías, o párroco do Cebreiro, a sinalizar o Camiño de Santiago para evitar que os peregrinos se perderan. Contoume que se propuxeran pintar flechas amarelas por todo o percorrido, que xa facía un par de anos que empezaran a facelo desde Francia, que Don Elías se propuxera así recuperar o espírito das peregrinaciones de outrora, que se estaban formando asociacións que querían colaborar na sinalización, que a Diputación lles prometera axuda para iso, que se ían a levantar albergues para dar acubillo a todos os peregrinos que ían volver a percorrer o Camiño... estaba entusiasmado e falaba do tema cunha fe absoluta en que o que dicía íase a cumprir. Cando se marchou non puiden por menos que pensar no difícil que se antollaba semellante meta, e na remota posibilidade de que centenares ou miles de persoas, como el mesmo dixo, puidesen pensar sequera en emprender semellante aventura.
  • Pero cando cumprín 50 anos os peregrinos xa eran unha estampa case habitual ao longo das mañás de verán; o meu amigo seminarista, agora cura, volveu para repasar as flechas que pintara uns anos antes, esta vez acompañado dun seglar que formaba parte dunha desas asociacións e era profesor de Bachiller. Debía ensinar historia, ou xeografía, ou ambas, porque se lle notaba moi decatado nos acontecementos pasados nestas terras, e ata me contou anédotas sucedidas por estes lugares que eu descoñecía. Esa foi a parte da conversación da que puiden sacar algo en claro, porque comprenderá que facerme a min partícipe de que no século XII o Camiño non discorría por este trazado senón por uns quilómetros máis abaixo, ou que no século XVI un peregrino italiano describiu nun libro un hospital de peregrinos que debía estar situado no monte de alá ao fondo é como darse aires fronte a un idiota. En fin, cada tolo co seu tema.
  • Antes de marchar me deron un exemplar do “Boletín del Camino de Santiago”, unha diminuta revista que Don Elías se encargaba de imprimir de cando en vez de xeito totalmente artesanal, e na que se contaba que a Diputación ía sinalizar a ruta con fitos, que aprobara a construción de dezaoito albergues, que as asociacións de fóra de Galicia fervían de actividade... creo que aínda anda polos caixóns da alacena, logo búscoa e ensínolla.
  • Sete anos despois, no Ano Santo de 1993, case pareceu que a miña irmá tivese razón cando falaba da autopista, só que neste caso non eran coches senón persoas as que atravesaron por diante desta porta. O seminarista tamén acertara nas súas previsións, e eu equivocoume, evidentemente. E a cousa non fixo máis que aumentar, non crea. Si ese ano foi sorprendente, o 99 foi incrible, sobre todo pola cantidade de estranxeiros que empezaron a transitar por aquí, que volvía un de arar e só se cruzaba con xentes falando en idiomas estraños. Resulta curioso, facerse unha viaxe desde sabe Deus onde para logo percorrer media España andando... peregrinos… xa lle dixen que me custa traballo entendelos.

El caminante ha estado escuchando con atención a su interlocutor, pero el frío de la piedra en el culo le ha obligado a levantarse, así que ha aprovechado para apoyar su pierna derecha en el suelo y atreverse a dar unos pasos; por su gesto, el anciano nota que el caminante ya no siente las molestias de antes.

  • ¿Ve como xa se atopa mellor? Dentro dun intre poderá seguir o seu camiño cara a Santiago, non o dubide.
  • Eu, despois da mili, só volvín alí unha vez, no Ano Santo de 2004. Un dos meus sobrinos deixara Madrid para volver ao pobo e reparar unha antiga casa dos seus avós maternos converténdoa nun albergue; ao principio pensei que só volvía porque non tiña nada mellor que facer na capital, pero logo me dín conta de que realmente estaba convencido do que facía. Traballou duro, atendeu como debía a todos os que por alí pasaron, e involucrouse cos seus veciños en mellorar moitas cousas. Foi el o que insistiu en que debiamos ir gañar o xubileo, así que alá nos fomos unha mañá.
  • ¿Que quere que lle diga? Atopeino todo tremendamente cambiado; xa non se podía chegar en coche ata a Praza do Obradoiro, as tabernas do Franco xa non servían cuncas, no cuartel de San Caetano agora estaban as oficinas da Xunta... só a Catedral seguía igual, e conservaba esa grandiosidade que eu lembraba, aínda que non me deixaron saudar ao Santo dous Croques.
  • Logo, o cansanzo e a artritis empezaron a facer mella en min, ata que finalmente me deixaron prostrado nesta cadeira de rodas, co único entretenemento de ver a televisión e de velos pasar a vostedes.

 

  • E vostedes tamén cambiaron moito, non crea; os peregrinos de agora veñen moito mellor preparados que os de outrora, non digo no físico, que non hai máis que velo a vostede para darse conta que non, pero si no material. Como di o meu sobriño, agora xa teñen moi claro cal é o percorrido que van facer antes de saír, porque o viron antes niso que se chama internet, traen roupas, botas e “sacos de durmir” que lles protexen de verdade contra as inclemencias do tempo, si teñen algún problema só teñen que usar os seus teléfonos móbiles para pedir axuda, e istes aparellos ata lles poden dicir en que lugar concreto do percorrido se atopan... realmente incrible o que puiden chegar a ver, de verdade...

El caminante se lleva la mano a un bolsillo lateral de su pantalón y saca un diminuto libro; con gesto atento, pasa las páginas hasta que localiza lo que busca y hace un amago de responder al anciano, cuando por la misma pista que él ha recorrido hace un rato ve aparecer una imagen conocida. Se trata de Marcos, un peregrino alicantino con el que compartió una animada charla de varias horas hace dos días en un albergue; Marcos también le reconoce en la distancia, y al llegar a su altura le dice:

  • Hey, man; what are you doing there? Are you resting, fucking australian?
  • I was... These charming persons have helped me with the pain of my knee and I am already better. I will accompany you, if you don't mind.

 

  • Of course I don't, don't be a fool!

El caminante vuelve a enfundarse su mochila, y comprueba que sigue pudiendo apoyar su pierna sin problemas con ese peso extra. Concha ha regresado con un sólido palo de madera que ha preparado a modo de bordón y se lo entrega, da unos pasos con él y sonríe al comprobar que puede reiniciar la marcha acompañándose del improvisado apoyo; Concha también sonríe.

El caminante habla con Marcos, que asiente con la cabeza.

  • Aquí el guiri quiere que les dé las gracias por haberle ayudado y por haber sido tan amables con él. Es buen tío, de veras, pero se ha venido desde Australia a hacer el Camino sin saber ni papa de español, el muy bestia. Me lo encontré hace dos días en una tienda, intentando explicarle a una señora que quería comprar papel higiénico, valiéndose de un diccionario y de gestos... imagínense el panorama. Bueno, nosotros seguimos la marcha, que aún nos queda un buen tramo hasta el próximo albergue y veremos como responde este hombre... a ver si llegamos antes de que nos den las uvas.

El caminante, para despedirse, dice:

  • My name is Jacob, thank you. I will pray for you when I arrive to Santiago...

Los dos peregrinos reinician su andadura; los ancianos quedan en la puerta de su casa, viéndoles partir. Al cabo de unos metros, el caminante se gira y les saluda desde la distancia; ellos devuelven el saludo.

  • Uns rapaces xeitosos; non che parece, Manuel? Veña, vou buscar as vacas ao prado; queres unha cunca de viño antes de que marche?

 

  • Quero, filla, quero. Boa falta me fai, que teño a boca seca de tanto conversar...