Imprimir esta página

Número 5 Destacado

Valora este artículo
(0 votos)

Comezamos hoxe con queixumes, pero non son os laios dun poema de Leopardi, nin tampouco unha acomodación do que cantaban, pensando nos portos de Asturias, os romeiros franceses doutrora (‘O Asturias, bela Asturias, ti es bela pero tamén dura’), senón o sentemento de quen contempla a cidade do Apóstolo, máxima beneficiaria da peregrinaxe, ignorando, por non dicir desprezando, ós peregrinos que a ela chegan.


No funil galego do Camiño Francés, esa gorxa paso a paso máis angosta, día tras día máis ateigada de compañeiros –¿ou competidores’– de viaxe, a meta da caridade atópase no desaborido Monte do Gozo. Unha noite, a derradeira noite, e sanseacabou. En Compostela levamos varios meses sen albergue, pois o do Seminario Maior pechou por incapacidade de atendelo, ficando os peregrinos sen teito.

Visto 1678 veces Modificado por última vez en Martes, 03 Enero 2017 01:28