Os organismos públicos, adurmiñados durante o tempo ordinario, saltan como movidos por un resorte, pero sempre con retraso, cando se achega o ano fatídico. Daquela soan as alarmas e a vaca de Fisterra: ¡toca cemento, toca tixolo, toca arquitecto de sona facendo cubos para minorías, toca confusión e uso da peregrinaxe para satisfaceren as demandas mil de alcaldes, hosteleiros, deseñadores de moda, artistas xeniais ..., toca, isto sempre, obra pública que corta o Camiño en forma de autovía, AVE, parque empresarial, parque eólico, depósito de augas ou o que sexa.