Etapa 4
Añadido a favoritos ImprimirBreve resumen
- Localización:
- LUGO-A PONTEFERREIRA
- 0€
- Tipo:
- Etapas
- Ruta:
- Camino Primitivo
- kilómetros :
- 26 Km
Descripción
Saímos de Lugo pola Porta Miñá e baixamos cara a vella ponte que cruza o río Miño. Aquí atoparemos o primeiro marco que nos indica os quilómetros que nos quedan ata Santiago: 101,8. Ao remate da ponte viramos á dereita e iremos pola marxe dereita do río Miño ata San Lázaro da Ponte.
Daquí imos cara a estrada de Santiago a Lugo, cruzamos esta (marco quilométrico 99,404) e seguimos sempre por unha estrada asfaltada e estreita e teremos que cruzar outra que vai a Friol. Pasaremos, sempre por estrada, por S. Xoán de Alto, O Burgo, Poutomillos, deixamos á dereita o cruce que nos levaría a Santa Eulalia de Bóveda, onde se atopa un monumento de orixe romano e función relixiosa con interesantes pinturas, Bacurín, Mera, San Román de Retorta, cunha interesante igrexa románica, Sta. Cruz de Retorta, que forma un interesante conxunto artístico. Logo deixamos a estrada e collemos un camiño á dereita e pasamos por Seixalvos para volver á estrada onde volvemos coller un desvío á esquerda, cruzamos un pequeño regato e subímos cara a Xende.
Cruzamos esta aldea e o camiño pérdese nun prado, temos que seguir dereitos e cruzar o prado, deixando en paralelo á nosa esquerda a parede, e en dirección a un monte de piñeiros que está en fronte e no que entraremos atravesando unha cancela.
Lugo-A Ponteferreira
Unha vez aquí viramos á dereita por entre os piñeiros e os toxos e imos sair a unha pista, logo collemos á esquerda e chegamos a un campo de carballos: estamos en O Paraño. Aquí o camiño vai en paralelo a un alto muro de cemento que afea bastante este tramo, ao tempo que en sitios hai moito xurro. Crúzase unha pequena estrada e seguimos por unha corredoira. Aquí o camiño desaparece e hai que meterse á dereita nun prado e tirar cara a aldea que temos diante, saltamos un regato e bordeámolo para entrar en Senande.
Á saída de Senande collemos á esquerda por un camiño e por medio de prados chegamos a A Mámoa, cruzamos a estrada e seguimos por un camiño, entre fieitos e vendo á nosa dereita un impresionante castro, para chegar a A Ponte Ferreira. Aquí desembocamos nunha estrada e collemos á esquerda, estamos xa dentro desta coidada aldea. Xunto ao río atopamos un fermoso recanto onde vemos os restos dunha antiga ponte. Se temos tempo paga a pena subir, pola estrada que vimos de deixar, ata a igrexa de San Martiño de Ferreira cunha interesante porta no lado sur. Nesta aldea hai unha casa de turismo rural.