Deste xeito foron aparecendo paseniño, Vieiragrino ( Valencia), Actividades Jacobeas ( Donosti) , Estafeta Jacobea (Navarra), Caminando (La Rioja), Boletín de la A.A.C.S. de Cuenca, En Camino ( Alicante ) , A Santiago (Asturias), Os mundo (Bierzo) e outras tantas publicacións, de apariencia e calidade desigual, pero movidas por un mesmo espírito peregrino...
Número 1 Destacado
Estimados socios e amigos:
Ningún momento mellor que a entrada dun Ano Santo para ver cumprido, despois de tantos anos de tanteos infructuosos, este vello anceio da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago que é a saída do primeiro número do noso boletín. Desde que o movemento asociativo xacobeo, nos anos 80, comeza a coller pulo, moitas foron as agrupacións que, a parte de colaborar na revista Peregrino, órgano común para tódalas asociacións españolas, quixeron editar un de seu para difundi-las cada vez máis numerosas actividades e noticias sobre o Camiño e maila peregrinaxe.
Publicado en
Revista libredón
Descargar archivos adjuntos:
- Libredon001.pdf (1271 Descargas)