tradicionais, situación que, por desgracia, acada a súa máxima
expresión en Compostela.
No mes de agosto, segundo os datos proporcionados pola
máis trunfalista e acrítica que nunca Oficina de Peregrinación, de
300.000 a 360.000 personas -gostaríame saber como fixeron este
reconto- visitaron a catedral. Este mesmo mes, batendo tódolos
records históricos, recibiron a Compostela nada menos que
45.860 peregrinos, superando así mesmo a cifra de tódolos rexistrados
en 1998. Por suposto, o 88,54% deles, máxime tendo en
consideración que estamos en pleno verán e abunda a xente nova,
peregrinaron movidos por motivos relixiosos ou relixioso-culturais.
É de supoñer que algúns membros do cabido, entre os que
non se atopa un receoso, sensato e sempre sincero Deán, e tampouco
o responsable da fábrica catedalicia, gostan da cantidade
antes que da calidade, tentando escalar posicións entre os santuarios
do mundo católico máis visitados, pois aínda queda moito
para supera-los de Guadalupe (México), a Aparecida (Brasil),
Czestochowa (Polonia), Lourdes (Francia), Luján (Arxentina),
Fátima (Portugal), etc. Abofé que estamos totalmente de acordo
con Avelino Abuín de Tembra, cando afirma que se ‘o xubileo
gañou cosmopolitismo, perdeu, en cambio, a emotividade’. A
mestura dos espectáculos (exposicións, música, cine, teatro, folclores)
e a reflexión, do puro divertimento e a relixiosidade, soamente
contribue a xerar un barullo (cambalache fin de século)
que acaba por desorientar incluso ós peregrinos mellor intencionados.
Tomemos como exemplo un día calquera, deste insólito ...