Número 3 Destacado

Valora este artículo
(0 votos)

Non seremos nós quen de critica-lo grande esforzo realizado para promociona-lo pasado Ano Santo. Aquel coelliño, que o mago Portomeñe sacara do seu chapeu de copa pouco antes do 93, medrou, coñeceu coelliña, e xerou prolífica camada. Varrida a vía pola que habían chegar os peregrinos, estes acudiron en torrenteira, ateigando as fachendosas tobeiras que a administración galega lles tiña preparado.


Os xefes de estación, unha vez máis, víronse rebordados, pero a ondaxe acabou sendo encarreirada cara ese estreito funil que, a partir de Sarria, vomitaba homes, mulleres, bicicletas, cabalos, luteranos, brasileiros, místicos,
románticos e mochileiros no verdadeiro punto G da catedral: ese estribo do Pórtico da Gloria que lembrou os máis gloriosos tempos da grande romaría.


De programar hoxe Compostela un novo Xelmírez, sen o atranco do respecto debido á historia, a vella catedral sería integrada nunha nova basílica, sete veces superior en tamaño, capaz de acolleren tantos fieis, peregrinos, turistas e viaxeiros.
Hoxe, nembargante, os novísimos santuarios son os da cultura, ben sexa en forma de Capitalidade Europea da ou, intrigados estamos polo resultado, na dunha futurista macro-cidade cultural que vai ser erixida sobre a veiga do Sar.

Visto 1989 veces Modificado por última vez en Martes, 03 Enero 2017 01:23
Más en esta categoría: « Número 2 Número 4 »