No funil galego do Camiño Francés, esa gorxa paso a paso máis angosta, día tras día máis ateigada de compañeiros –¿ou competidores’– de viaxe, a meta da caridade atópase no desaborido Monte do Gozo. Unha noite, a derradeira noite, e sanseacabou. En Compostela levamos varios meses sen albergue, pois o do Seminario Maior pechou por incapacidade de atendelo, ficando os peregrinos sen teito.
Número 5 Destacado
Comezamos hoxe con queixumes, pero non son os laios dun poema de Leopardi, nin tampouco unha acomodación do que cantaban, pensando nos portos de Asturias, os romeiros franceses doutrora (‘O Asturias, bela Asturias, ti es bela pero tamén dura’), senón o sentemento de quen contempla a cidade do Apóstolo, máxima beneficiaria da peregrinaxe, ignorando, por non dicir desprezando, ós peregrinos que a ela chegan.
Publicado en
Revista libredón
Descargar archivos adjuntos:
- libredon005.pdf (2677 Descargas)