Número 6 Destacado

Valora este artículo
(0 votos)

Como xa adoita ser frecuente desde o Ano Santo de 1999, o Camiño volveu padecer, sobre todo nos tramos leoneses e galegos, un preocupante abarrote estival. A excesiva propaganda, en gran medida consecuencia daquel irreflexivo lema de ‘todos ó Camiño’, difundido pola Xunta de Galicia a partir de 1993, trouxo como consecuencia unha realidade pouco desexable: a masificación.


Os hospitaleiros, por momentos condeados a serén meros buró-cratas apuntadores –interminables
rexistros–, ficaron desesperados por non poder atende-los peregrinos con máis calor humano; e os peregrinos…, alporizados uns contra doutros, evocando a loita das especies darwiniana por se facer cun leito, cunha praza no chan ou, cando menos, cun posto baixo teito. A norma era madrugar. Camiñar ben cedo, malia que fora pola estrada, para non trabucarse, e chegar á porta do seguinte albergue antes do mediodía. Logo era preciso tomála posición, defendela coma unha lapa, facer cola, incluso catro o cinco horas, para consegui-lo arelado ben supremo: ¡cama gratis! As conversas do sía seguinte estaban dominadas polo grande éxito acadado: - Pois eu, conseguín durmir no albergue, pero non me paro que teño présa.

Visto 2056 veces Modificado por última vez en Martes, 03 Enero 2017 01:34
Más en esta categoría: « Número 5 Número 07-08 »