Número 07-08 Destacado

Valora este artículo
(0 votos)

vencelladas dun ou doutro xeito ó Camiño de Santiago, decidiu xuntarse en Sobrado dos Monxes para funda-la Asociación que hoxe témo-la honra de presidir. Dez anos son moitos se considerámo-las aceleradas transformacións que afectaron e  están a afectar ós itinerarios xacobeos e maila peregrinaxe nesta fase da súa particular e longa historia, pero poucos cando contemplámo-la realidade e actuación doutros colectivos semellantes ó noso.

Os amigos de París e Francia, reunidos na sociedade decana entre as xacobeas, xa entraron na plena madurez con 52 anos de existencia, e conseguiron os loureiros  do Premio Elías Valiña ó cumpri-los cincuenta. E que dicir da asociación de Estella, que xa consume os últimos meses da súa xuventude 31 anos). A Galega tamén é máis nova cá meirande parte das asociacións españolas do Camiño Francés, moitas delas creadas na década dos 80. Emporiso, cabe lembrarnos que a nosa andaina escomezou algún tempo antes, pois varios dos actuais socios e directivos xa tiñamos participado na fundación e actividades da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia da Coruña. Aquela encetara a súa curta traxectoria por mor dos desvelos de D. Elías Valiña, que deste xeito conseguía completa-lo mapa asociativo, un anceio persoal, do Camiño Francés. Recordamos hoxe con cariño a D. Angel Rodríguez González, presidente daquela asociación, coma unha das figuras máis salientables do rexurdir xacobeo tanto polas súas aportacións científicas (como titular de Historia Medieval da Universidade de Santiago e colaborador asiduo nas célebres semanas de Estella) coma polo seu trato sempre agradable e mailo seu talante servicial. Retomando o fío da crónica, cabe referir que trala desaparición da asociación coruñesa nos sentemos dignos herdeiros do seu traballo, remontándonos así ás orixes, digamos ‘apostólicas’, do movemento asociativo xacobeo.

Visto 1971 veces Modificado por última vez en Martes, 03 Enero 2017 01:39
Más en esta categoría: « Número 6 Número 9 »