Desde logo non sabemos o que lle contestou o oráculo, pero a primeira reacción fainos rir pola bendita simplicidade da demanda. Sen embargo, e ben pensado..., ¿non terá algo de razón o anónimo preguntante? Doutro xeito, non se entendería que o Camiño Francés, cando menos, estea en funcionamento soamente pola mañá, pois ó serán xa non hai máis peregrinos en marcha que os absolutamente previsores (que fixeron as súas reservas nun establecemento turístico) ou os compañeiros de despiste do devandito turista.
Número 10 Destacado
Hai pouco, nun xornal galego tívemo-la ocasión de ler unha curiosa anécdota. Resulta que certo viaxeiro despistado, ó estilo de don Xurxiño o inglés - aquel inesgotable propagador da Biblia aló polos albores do século XIX- pero con bastante menos fondo, acudiu a un posto de turismo da comunidade autónoma galega para facer a seguinte e difícil pregunta: -¿Poderíame dicir, se é tan amable, a que hora está aberto o Camiño de Santiago?
Publicado en
Revista libredón
Descargar archivos adjuntos:
- libredon010.pdf (2477 Descargas)