Número 11-12 Destacado

Valora este artículo
(0 votos)

Quen no-lo ía contar cando eramos cativos. Resulta que o tempo de xubileo converteuse en tempo de mudanza en forma de graves intervencións. Cada vez que a festa do apóstolo cae en domingo é cousa de poñerse a tremer. E non polas avalanchas de peregrinos de toda pelaxe e condición, e tampouco polo descarado uso político que se fai de tódolos actos vinculados co bonancible patrón pescador de homes, senón máis ben polos grandes investimentos previstos polas administracións.

 Os organismos públicos, adurmiñados durante o tempo ordinario, saltan como movidos por un resorte, pero sempre con retraso, cando se achega o ano fatídico. Daquela soan as alarmas e a vaca de Fisterra: ¡toca cemento, toca tixolo, toca arquitecto de sona facendo cubos para minorías, toca confusión e uso da peregrinaxe para satisfaceren as demandas mil de alcaldes, hosteleiros, deseñadores de moda, artistas xeniais ..., toca, isto sempre, obra pública que corta o Camiño en forma de autovía, AVE, parque empresarial, parque eólico, depósito de augas ou o que sexa. 

Visto 2063 veces Modificado por última vez en Martes, 03 Enero 2017 01:54
Más en esta categoría: « Número 10 Número 13 »