2º Premio Concurso de Relatos 2017
“O camiño das estrelas”
Autora: Mónica Penas Vázquez
Levaba tempo sen sair da casa e parecíalle que a vida se le ía sen ter visto cmprido o seu gran soño: visitar o Apástolo Santiago, ese do que tanto oira falare e que, segundo decían, lotara coma o gran Cid por recuperar o territorio peninsular para a cristiandade.
Chamábanlle “Santiago Matamouros”, nome que non lle gustaba moito, pois o alcume “Matamouros” non estaba a ton co que il cría que debería de ser a convivencia coa xente, incluso coa que non comulgaba con él. Coñecía algún mouro co que se levaba ben e non entendía o porqué desa hostilidade que algúns mostraban cara os que eran diferentes a eles. Pensaba que este mundo era tan grande, que ben podía acubillar a todos. E tiña razón, porque sitio, habelo, haino. O caso é querelo compartir.
O único que lle gustaba desa imaxe do “Matamouros” era a espada e o cabalo. Recordáballe os seus bos tempos, cando saía co seu escudeiro a desfacer aldraxes por eses camiños da súa querida España, e atravesaban os extensos campos de trigo, que refulxían coma o ouro baixo os abrasadores raios do sol. ¡Cantas aventuras correran! E cantas le quedaban por correr, ainda que a súa sobriña e mais a ama se empeñasen en levarlle a contra e en telo metido na casa, coma si estivese encerrad na masi escura e profunda cela do castelo mais impenetrable da Mancha.
-Mira, Pepe, Santiago Matamouros é un dos mais valentes santos e cabaleiros que o mundo tivo... por iso Deus fixoo patrón e protector de España.
Nos seus olliños inflamados chispeaba a loucura coma unha pequena lapa dourada.
Pero co nome que mais identificado se sentía era co outro que lle daban: o de “Santiago Peregrino”. Imaxinábase camiñando por corredoiras poeirentas e cruzando ríos por vellas pontes de pedra, sorteando fochas e lameiras, en días de moita calor ou de ceos de chumbo que descargaban auga coma fervenzas, co sombreiro, co manto, a cabaza, o bordón e a concha da vieira, cosida nalgunha parte da vestimenta, para acreditar a súa condición d eperegrino a Santiago de Compostela. E tamén, que esa era a imaxe que os non crentes querían ver.
O fraco e nobre cabaleiro, de cara longa e esbrancuxada, longa barba e mostacho crecho, cambiou o helmo polo sombreiro, a armadura polo manto, o escudo pola cabaza e a lanza polo bordón, e montou no seu vello cabalo, seguido polo burrico co seu repoludo escudeiro, saiu ao abrente do día, deixando lonxea Meseta cos seus campos de trigo e os muiños de vento. Levaban como provisións queixo de cabra, pantrigo e unha bota de viño.
Despois de varios días de viaxe, chegaron a Roncesvalles. O sol estaba baixo e case os cegaba. Pronto se foi agochando detras do horizonte. Os brancos cirros tinguíanse dunha intensa cor laranza, que contrastaba cas cada vez mais escuras montañas dos Pirineos. Entre a ramaxe dos piñeiro contemplaban atónitos aquel máxico solpor que auguraba bo tempo. O encargado do albergue deulles unha folla para cubriren os seus datos e unha enquisa sobre o motivo polo que facían o Camiño coas seguintes opcións: relixioso, espiritual, cultural, deportivo, turistico e outros.
No longo traxecto ata Galicia coñeceron xentes de moitas nacionalidades: franceses,italianos, alemáns, surcoreanos...
-¡Ai, meu amo, cantas linguas se escoitan! ¡Moi grande ten que ser o mundo para dar acollida a tanta xente diferente!
-É, Pepe, é. Ainda así, a moitos parécelles que o sitio non lles chaga...
E día tra día, foron avanzando por ese Camiño tan ben sinalizado e que na antigüidade percorrían os peregrinos guiados polas estrelas durante a noite e polos gansos durante o día.
-Aí te Galicia, Pepe; velaí a cincenta de España. Ainda que é a mais fermosa, humilde e traballadora, sempre foi moi desprezada por tan altiva madrastra. Os seus filliños de antaño tiveron que emigrar loxe, e, mira ti como son as cousas, Pepe, agora vai vella, adopta ecuatorianos, romaneses, chineses, arxentinos, senegaleses...
A tarde ía morrendo pouco a pouco e o sol peneiraba a súas pallas de ouro entre as polas das árbores, sobre a herba e sobre a flores cando, por fin, albiscaron Santiago xoia de pedra, onde se forman sabios doutores, homes de letras, poetas, artistas... Sempre foi berce da cultura galega e polas noites, os estudantes cantan na tuna canción de amor.
-¡O Pórtico da Gloria! ¡ Que marabilla! -exclamou pampo don Quxote- O Mestre Mateo foi quen de esculpir na pedra unha admirablle síntese da Teoloxía Católica para achegar a intelixencias dos máis humildes a máis alta verdades da Relixión e da Moral, inspirándose na Biblia, fonte inesgotable onde beberon todos os grandes artistas e poeta cristiáns. Veña, Pepe, dálle uns croque a ver se che esperta o sentido.
ido. -Coa limpeza que hai neste século, Pepe, xa non se precisa o botafumeiro para aplacar o cheirume que antaño desprendían os corpos cansos e suorentos dos peregrinos.
-¡Aíndahai, meu amo, aínda hai!
O cabaleiro, emocionado, deulle unha aperta a Santiago e, ao visitar o seu sarcófago, xurdiulle da alma esta sincera e humilde oración:
-Grazas, meu Deus, por esta aventura. Neste Camiño todo é beleza, cultura e arte: petróglifos, pazos, castelos, cruceiros, igresias, mosteiros... diversas xentes e diversas linguas, e, sobre todo, ferventes cristians. E a ti, seños Santiago, fillo do Zebedeo, prégoche que eu sempre sexa un exemplar cabaleiro, servidor de todos, e que aprenda a beber o cáliz do Señor para poder acadar un curruncho xunto a ti á súa dereita ou á súa esquerda.
Sentiuse un trono e empezaron a caer grosa pingueira de chuvia cando saíron. Acubilláronse da treboada debaixo dos soportais da Praza da Quintana e, entre conto e conto, se súpeto, escampou. A luz amarela dos farois reflectíase nas molladas lousas do chan e nas pedras dos muros dos edificios que a circundaban, dádolle ao conxunto un aire de misterio.
-Disque en Compostela a chuvia e arte. ¡Que razón teñen! -coscubiñou o cabaleiro abraiado pola beleza da noite.
-E agora, Pepe, marchamos para á casa, que a sobriña e a ama van estar moi enrabietadas ses saber de nós.
-Pois lévelles unha desas flores tan fermosas que venden aí -dixo sinalando unha florería preto de catedral.
-¡Boa idea, Pepe! Voulle levar a flor de Santiago, esa que o grande botánico Carolus Clasius bautizou co nome de Narcissusindicusjacobeus, pola semellanza dos seus pétalso coa cruz que locen os cabaleiro da Orde de Santiago. É unha flor moi especial, Pepe, pois peregrinou dende o reino mexicano de Nova Galicia, aló polo 1577, ata chegar aquí.
-¡Que magoa que acabara o Camiño, meu señor! ¡ Vouno votar de menos!
-O Camiño empeza agora, Pepe. Nesta curta peregrinación estivemos guiados polas estrelas, e no que nos queda por andar, aluméannos outras.
-¿E cales, meu amo? ¡Eu doutras non sei!
-A da fe e a do amor, Pepe. A estrela da fe, que nos guía no noso camiño cara a luz sen ter en conta os obstáculos que nos queren arredar del. E a estrela do amor, que nos aparta de todas as manifestacións de egoismo e nos dá unha gran paz e felicidade.
Así, falando de todo un pouco, seguiron peregrinando cara a luz, esa que, no momento da nosa morte, estaremos máis próximos a acadar.