Revista libredón
Para cualquier consulta o para solicitar información puede ponerse en contacto con nosotros a través de la dirección de correo electrónico:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
A propósito do II Encontro Mundial de Confrarías estamos agora a celebra-lo seu aniversario,e da belicosidade que aló se despregou contra as asociacións xacobeas, haberá tempo de reflexionar nas ‘Desglosas Xacobeas’. Cremos, sen embargo, que o
tema ten o suficiente peso como para deixar aquí algúns apuntes sobre tantas acusacións infundadas. Entre elas, o último número do boletín COMPOSTELA encárgase de salienta-la escasa colaboración
Non seremos nós quen de critica-lo grande esforzo realizado para promociona-lo pasado Ano Santo. Aquel coelliño, que o mago Portomeñe sacara do seu chapeu de copa pouco antes do 93, medrou, coñeceu coelliña, e xerou prolífica camada. Varrida a vía pola que habían chegar os peregrinos, estes acudiron en torrenteira, ateigando as fachendosas tobeiras que a administración galega lles tiña preparado.
Moitos se están a facer, con reiteración, unha pregunta:
¿por que motivo o V Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas
se celebra en Fisterra cando, en pleno Ano Santo, parecería
máis lóxico facelo en Santiago? Mirade por donde, a resposta vainos
dar ás para tratar unha problemática que xa se vía vir e que
está a superar tódalas previsións: a da masificación da peregrinación
e maila conseguente deturpación dos seus valores