Revista libredón
Para cualquier consulta o para solicitar información puede ponerse en contacto con nosotros a través de la dirección de correo electrónico:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Comezamos hoxe con queixumes, pero non son os laios dun poema de Leopardi, nin tampouco unha acomodación do que cantaban, pensando nos portos de Asturias, os romeiros franceses doutrora (‘O Asturias, bela Asturias, ti es bela pero tamén dura’), senón o sentemento de quen contempla a cidade do Apóstolo, máxima beneficiaria da peregrinaxe, ignorando, por non dicir desprezando, ós peregrinos que a ela chegan.
A propósito do II Encontro Mundial de Confrarías estamos agora a celebra-lo seu aniversario,e da belicosidade que aló se despregou contra as asociacións xacobeas, haberá tempo de reflexionar nas ‘Desglosas Xacobeas’. Cremos, sen embargo, que o
tema ten o suficiente peso como para deixar aquí algúns apuntes sobre tantas acusacións infundadas. Entre elas, o último número do boletín COMPOSTELA encárgase de salienta-la escasa colaboración
Non seremos nós quen de critica-lo grande esforzo realizado para promociona-lo pasado Ano Santo. Aquel coelliño, que o mago Portomeñe sacara do seu chapeu de copa pouco antes do 93, medrou, coñeceu coelliña, e xerou prolífica camada. Varrida a vía pola que habían chegar os peregrinos, estes acudiron en torrenteira, ateigando as fachendosas tobeiras que a administración galega lles tiña preparado.